Emprender dende a tradición á tecnoloxía

fondoinvitacionverde

A iniciativa emprendedora impulsada a ambos lados da raia sempre comprendeu a sectores productivos de corte tradicional no que a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é un referente. No momento actual cómpre, máis ca nunca, o estímulo da innovación neses sectores e tamén nos novos sectores emerxentes.

Aje Galicia quere seguir posicionándose no fomento do emprendemento galego-portugués e por iso organiza una nova xornada en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude o próximo 30 de outubro na Confederación de Empresarios de Ourense (CEO). Este foro busca a posta en común de experiencias emprendedoras de base tradicional pero cun punto de innovación e tecnoloxía que as diferencie

Será unha oportunidade de crear sinerxias de tipo comercial e establecer colaboracións empresariais entre Galicia e Portugal a través dunha sesión de networking. Agardamos repetir o éxito da primeira xornada “Abrindo Fronteiras de Cambio”, celebrada o pasado mes de xuño en Pontevedra.
A asistencia é gratuíta e as prazas son limitadas previa inscripción no mail gerencia@fegaxe.com ou no teléfono 608905804

definitivo2 (1)